En 2017, REFORMALIA TRABALLOS XERAIS, S.L. viu a luz no entorno rural da provincia da Coruña, emerxendo como pioneira no sector da construción. Especializada en servizos avanzados de tramitación e xestión, a empresa abraza as últimas tecnoloxías para ofrecer solucións innovadoras.
O que verdadeiramente nos distingue é o noso firme compromiso coa sociedade e o mundo rural. Isto se reflicte no feito de que a nosa sede social está ubicada na vivenda natal da dirección, conectándonos profundamente coa comunidade e a nosa historia no entorno rural.
responsabilidade social
Somos unha empresa que vai máis aló dos obxectivos comerciais tradicionais. A nosa responsabilidade social é unha parte fundamental de todo o que facemos. Estamos plenamente conscientes dos desafíos medioambientais, e traballamos activamente para reducir o noso impacto no medio ambiente. Ademais, investimos en medidas de seguridade e prevención de riscos laborais, para garantir un entorno de traballo seguro para os nosos empregados. A calidade é o noso pilar fundamental, e esforzámonos constantemente por superar as expectativas dos nosos clientes.
Temos un compromiso sólido coa creación de emprego e a formación das mozas e mozos, coa vista posta en asegurar un relevo xeracional, nun sector que está a experimentar unha alta demanda de man de obra cualificada.
Ademáis, apostamos pola conectividade e o teletraballo, recoñecendo a súa importancia para traballar de maneira eficiente desde o entorno rural. Valoramos a mobilidade como unha ferramenta esencial, que nos permite ofrecer servizos con máxima eficiencia e alcance.
Co noso enfoque, en combinar tradición e tecnoloxía de vangarda, ofrecemos servizos de alta calidade no sector da construción. Así contribuímos ao desenvolvemento da nosa comunidade e ao benestar dos nosos clientes. Estes comparten o noso compromiso sólido en termos de responsabilidade social e medioambiental.
Estamos entusiasmados por continuar crecendo, e expandíndonos no mundo, mantendo sempre as nosas raíces profundamente arraigadas na nosa terra natal. Sempre seguindo en primeira liña en proxectos ambiciosos, con clientes de prestixio nacional.